Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12820

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020 pola que se publican as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2020.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, dispón o seguinte no seu artigo 42.9:

«Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).1. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).2. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).3 non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección.

Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo a demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución que determine esta porcentaxe será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste punto aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas».

Pola súa parte, o artigo 77 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, establece:

«1. Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.1) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.2) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.3) da lei, non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección (artigo 42.9 da LSG).

2. Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a porcentaxe media para o conxunto da Comunidade Autónoma. En ningún caso a porcentaxe de reserva fixada para un concello poderá ser inferior á dita media. A resolución que determine a porcentaxe que resulte para cada concello será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo (artigo 42.9 da LSG).

4. Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste artigo aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas (artigo 42.9 da LSG).

5. As reservas para a construción de vivendas protexidas deberán localizarse favorecendo o principio de cohesión social e conforme as seguintes regras en función da clasificación do solo:

– No solo urbano non consolidado deberá acreditarse o cumprimento da reserva para vivenda protexida no distrito.

– No solo urbanizable deberá acreditarse o cumprimento da reserva para vivenda protexida no sector (artigo 42.10 da LSG).

6. O previsto neste artigo resulta de aplicación a todos os plans xerais de ordenación municipal, con independencia da forma de fixación da reserva e da súa contía. Enténdese que a porcentaxe final que se fixe se axusta á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo cando iguale ou supere a reserva establecida nesta».

A citada normativa deixa á consideración do Instituto Galego da Vivenda e Solo a determinación anual da referida porcentaxe; para tal efecto, o citado organismo, mediante Resolución do 15 de febreiro de 2017 (DOG núm. 42, do 1 de marzo), estableceu o método de cálculo aplicable.

Por todo o exposto e, en función das atribucións que me confire o artigo 12 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

Primeiro. Establecer as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2020 que figuran no anexo desta resolución.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo da listaxe das ditas porcentaxes.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo

ANEXO

Porcentaxe de reserva de solo para vivendas protexidas por concellos de máis de 5.000 habitantes

Porcentaxe media para o conxunto de Galicia: 6,40 %:

Concello

Inscritos

Padrón

Prtc.

Porcentaxe aplicable

Abegondo

5

5.406

0,92 %

6,40 %

Allariz

26

6.188

4,20 %

6,40 %

Ames

131

31.793

4,12 %

6,40 %

Ares

7

5.732

1,22 %

6,40 %

Arteixo

131

32.262

4,06 %

6,40 %

Arzúa

0

6.041

0,00 %

6,40 %

Baiona

27

12.122

2,23 %

6,40 %

Barbadás

2

11.037

0,18 %

6,40 %

Barco de Valdeorras, O

13

13.395

0,97 %

6,40 %

Bergondo

9

6.633

1,36 %

6,40 %

Betanzos

23

12.959

1,77 %

6,40 %

Boiro

19

18.838

1,01 %

6,40 %

Brión

93

7.837

11,87 %

11,87 %

Bueu

8

12.009

0,67 %

6,40 %

Burela

25

9.566

2,61 %

6,40 %

Caldas de Reis

2

9.785

0,20 %

6,40 %

Camariñas

0

5.272

0,00 %

6,40 %

Cambados

24

13.744

1,75 %

6,40 %

Cambre

212

24.648

8,60 %

8,60 %

Cangas

82

26.542

3,09 %

6,40 %

Cañiza, A

3

5.180

0,58 %

6,40 %

Carballiño, O

24

14.027

1,71 %

6,40 %

Carballo

21

31.349

0,67 %

6,40 %

Carral

6

6.408

0,94 %

6,40 %

Castro de Rei

1

5.011

0,20 %

6,40 %

Cedeira

1

6.640

0,15 %

6,40 %

Cee

2

7.546

0,27 %

6,40 %

Celanova

1

5.649

0,18 %

6,40 %

Cerceda

3

5.001

0,60 %

6,40 %

Cerdedo-Cotobade

21

5.699

3,68 %

6,40 %

Chantada

25

8.324

3,00 %

6,40 %

Coristanco

2

6.074

0,33 %

6,40 %

Coruña, A

2.630

245.711

10,70 %

10,70 %

Culleredo

184

30.402

6,05 %

6,40 %

Estrada, A

23

20.479

1,12 %

6,40 %

Fene

20

12.944

1,55 %

6,40 %

Ferrol

624

66.065

9,45 %

9,45 %

Foz

99

10.002

9,90 %

9,90 %

Gondomar

21

14.286

1,47 %

6,40 %

Grove, O

5

10.650

0,47 %

6,40 %

Guarda, A

5

9.977

0,50 %

6,40 %

Guitiriz

0

5.505

0,00 %

6,40 %

Lalín

30

20.218

1,48 %

6,40 %

Laracha, A

9

11.347

0,79 %

6,40 %

Lugo

1.035

98.025

10,56 %

10,56 %

Malpica de Bergantiños

0

5.391

0,00 %

6,40 %

Marín

68

24.319

2,80 %

6,40 %

Meaño

4

5.272

0,76 %

6,40 %

Melide

6

7.406

0,81 %

6,40 %

Miño

5

6.200

0,81 %

6,40 %

Moaña

34

19.399

1,75 %

6,40 %

Monforte de Lemos

113

18.599

6,08 %

6,40 %

Mos

40

15.078

2,65 %

6,40 %

Mugardos

8

5.245

1,53 %

6,40 %

Muros

0

8.556

0,00 %

6,40 %

Narón

219

39.080

5,60 %

6,40 %

Neda

3

5.079

0,59 %

6,40 %

Negreira

0

6.827

0,00 %

6,40 %

Nigrán

33

17.675

1,87 %

6,40 %

Noia

15

14.263

1,05 %

6,40 %

Oleiros

172

36.075

4,77 %

6,40 %

Ordes

7

12.674

0,55 %

6,40 %

Oroso

11

7.500

1,47 %

6,40 %

Ortigueira

22

5.671

3,88 %

6,40 %

Ourense

265

105.233

2,52 %

6,40 %

Outeiro de Rei

4

5.093

0,79 %

6,40 %

Outes

0

6.282

0,00 %

6,40 %

Oza-Cesuras

0

5.101

0,00 %

6,40 %

Padrón

14

8.384

1,67 %

6,40 %

Pereiro de Aguiar, O

2

6.275

0,32 %

6,40 %

Pobra do Caramiñal, A

5

9.338

0,54 %

6,40 %

Poio

71

17.082

4,16 %

6,40 %

Ponte Caldelas

5

5.494

0,91 %

6,40 %

Ponteareas

21

22.877

0,92 %

6,40 %

Ponteceso

8

5.502

1,45 %

6,40 %

Pontedeume

5

7.777

0,64 %

6,40 %

Pontes de García Rodríguez, As

36

10.138

3,55 %

6,40 %

Pontevedra

937

83.029

11,29 %

11,29 %

Porriño, O

110

19.848

5,54 %

6,40 %

Porto do Son

3

9.171

0,33 %

6,40 %

Redondela

43

29.218

1,47 %

6,40 %

Rianxo

11

11.033

1,00 %

6,40 %

Ribadavia

20

5.024

3,98 %

6,40 %

Ribadeo

44

9.900

4,44 %

6,40 %

Ribadumia

25

5.052

4,95 %

6,40 %

Ribeira

16

26.886

0,60 %

6,40 %

Rosal, O

1

6.234

0,16 %

6,40 %

Sada

19

15.841

1,20 %

6,40 %

Salceda de Caselas

12

9.164

1,31 %

6,40 %

Salvaterra de Miño

13

9.819

1,32 %

6,40 %

San Cibrao das Viñas

1

5.405

0,19 %

6,40 %

Santa Comba

0

9.426

0,00 %

6,40 %

Santiago de Compostela

726

97.260

7,46 %

7,46 %

Sanxenxo

24

17.347

1,38 %

6,40 %

Sarria

50

13.345

3,75 %

6,40 %

Silleda

13

8.687

1,50 %

6,40 %

Soutomaior

13

7.395

1,76 %

6,40 %

Teo

16

18.579

0,86 %

6,40 %

Tomiño

11

13.499

0,81 %

6,40 %

Tui

16

16.701

0,96 %

6,40 %

Valdoviño

5

6.563

0,76 %

6,40 %

Valga

0

5.869

0,00 %

6,40 %

Vedra

0

5.036

0,00 %

6,40 %

Verín

20

13.723

1,46 %

6,40 %

Vigo

5.262

295.364

17,82 %

17,82 %

Vila de Cruces

8

5.246

1,52 %

6,40 %

Vilaboa

7

5.874

1,19 %

6,40 %

Vilagarcía de Arousa

243

37.456

6,49 %

6,40 %

Vilalba

80

14.226

5,62 %

6,40 %

Vilanova de Arousa

0

10.302

0,00 %

6,40 %

Vimianzo

1

7.057

0,14 %

6,40 %

Viveiro

51

15.510

3,29 %

6,40 %

Xinzo de Limia

10

9.715

1,03 %

6,40 %

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo