Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2020 Páx. 12819

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 17 de febreiro de 2020 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

BDNS (identif.): 348604.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Modificación do crédito orzamentario

Modifícanse os créditos dispoñibles para concesións, que quedan fixados con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7701 e polos seguintes importes:

a) Para a liña de axuda ao investimento en equipamentos produtivos: 1.299.368,99 € no ano 2019 e 20.631,01 € no ano 2020.

b) Para a liña de axuda a investimentos xeradores de emprego: 2.267.656,15 € no ano 2019 e 2.712.343,85 € no ano 2020.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica