Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Mércores, 19 de febreiro de 2020 Páx. 11890

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (699/2018).

Eu, María Regina Domínguez Cougil, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Deutsche Bank, S.A. fronte a Salvatore Campisi ditouse sentenza, cuxo encabezado e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Na cidade de Ourense o 20 de decembro de 2019.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta cidade os autos de xuízo ordinario número 699/2018 seguidos ante este xulgado por instancia da procuradora Ana Crespo Damota quen, asistida do letrado Francisco Javier Monzón Capape, actúa en representación de Deutsche Bank, S.A. contra Salvatore Campisi, en situación de rebeldía.

Versan os presentes autos sobre contrato de préstamo.

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora Ana Crespo Damota, en representación de Deutsche Bank, S.A., contra Salvatore Campisi, condeno o devandito demandado a aboar á demandante a cantidade de 15.543,58 €. A citada devindica desde a data do requirimento efectuado no precedente xuízo monitorio o xuro do artigo 576 da LAC.

As custas impóñense á demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e advírtase que esta non é firme. Contra a sentenza pode interpoñerse recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación na forma indicada no artigo 458 da LAC. Indíquese á demandada que non se admitirá a trámite o recurso se ao interpoñelo non acredita documentalmente ter constituído o depósito que para recorrer exixe a LOPX, así como ter liquidado a taxa xudicial creada pola Lei 10/2012, de novembro.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Salvatore Campisi, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 23 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza