Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10999

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan de sectorización CC1-1ª fase, ampliación da zona dotacional.

Unha vez aprobado inicialmente mediante o Decreto da Alcadía, do 2 de xaneiro de 2020, a modificación puntual do Plan de sectorización CC1-1ª fase, ampliación da zona dotacional e modificación da ordenanza SIPS (servizos de interese público e social), promovido polo Concello de Outeiro de Rei, en cumprimento do establecido no artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e do artigo 186.1.a) do Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, exponse ao público polo prazo de dous (2) meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá consultar o expediente completo nas oficinas municipais, das 10.00 ás 15.00 horas, e na páxina web do Concello www.concellodeouteiroderei.org, e facer as alegacións que se consideren oportunas.

Outeiro de Rei, 24 de xaneiro de 2020

José Pardo Lombao
Alcalde