Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10998

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal 2013 para a apertura dunha nova vía entre as rúas Simón Bolívar e Alfonso Rodríguez Castelao (expediente 631/2016/101).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 5 de decembro de 2019, acordou aprobar inicialmente o documento de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal 2013 para a apertura dunha nova vía entre as rúas Simón Bolívar e Alfonso Rodríguez Castelao. Documento para aprobación inicial. Setembro 2019, promovido polo Concello da Coruña e redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos e Sara Prieto Hortas.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (Decreto 143/2016), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación da modificación puntual pódese realizar no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, ou ben na sede electrónica do Concello ou no enderezo electrónico coruna.gal/urbanismo, en Documentos en exposición pública e no Visor estado desarrollo PXOM 2013.

A Coruña, 22 de decembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo