Anúnciase a convocatoria do seguinte proceso selectivo:
Expediente: |
3189/2019 |
Código SIA: |
1428945 |
Procedemento: |
seleccións de persoal e provisións de postos |
Asunto: |
proceso selectivo para a cobertura dunha praza de técnico ou técnica de Administración xeral, en réxime de interinidade, do Concello de Bueu |
Responsable: |
Secretaría |
Documento: |
anuncio da Alcaldía |
Trámite: |
convocatoria do proceso selectivo para cubrir en réxime de interinidade unha praza de técnico/a de Administración xeral (rama xurídica) do Concello de Bueu (quenda libre) |
No BOP de Pontevedra núm. 25, do 6 de febreiro de 2020 publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo para cubrir, en réxime de interinidade, unha praza de técnico/a de Administración xeral (rama xurídica) do Concello de Bueu (quenda libre)
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario oficial de Galicia (DOG).
Os sucesivos anuncios referentes a este procedemento publicaranse no taboleiro electrónico de anuncios do concello (https://bueu.sedelectronica.gal (epígrafe «Información xeral», taboleiro de anuncios/sección Emprego público), sen prexuízo de que, de forma complementaria, se publique na páxina web do concello.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Bueu, 7 de febreiro de 2020
Félix Juncal Novas
Alcalde