O Pleno do Concello de Tui, na sesión ordinaria realizada o día 28 de novembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Primeiro e único. Acordar o cambio de uso do equipamento deportivo nº 104 que figura no Plan xeral de ordenación municipal (referencia catastral 36055A051000010000UB), integrándoo como sistema de equipamento e dotacional múltiple cos usos seguintes: social, asistencial, cultural, educativo ou deportivo, baixo a premisa inmodulable de manter a súa titularidade pública; neste particular, lexitimaríase a innecesariedade de seguir o procedemento de modificación do plan previsto na lexislación vixente, nos termos e co alcance dispostos no Informe técnico emitido polo arquitecto, do 18 de novembro de 2019, no cal se propoñía: «Unha vez que teña efectos o acordo plenario, con respecto ao cambio de uso proposto, a parcela obxecto deste informe podería aloxar nela usos de natureza social, asistencial, cultural, educativa ou deportiva segundo o cambio que se acorde. O cambio proposto debería convivir co uso deportivo actual».
Contra estes acordos, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Tui, 22 de xaneiro de 2020
José Ramón Magán Rivera
Alcalde en funcións