O Pleno do Concello de Tui, na sesión ordinaria realizada o día 28 de novembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Primeiro e único. Acordar o cambio de uso do inmoble situado na avenida da Concordia, 47, con referencia catastral 9656022NG2595N0001TO, equipamento EQ 242-A, polo uso dotacional público de natureza social, administrativa, asistencial e cultural, mantendo a titularidade pública e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan previsto na lexislación vixente, nos termos e co alcance dispostos no Informe técnico do 11 de novembro de 2019, emitido polos servizos técnicos municipais e que propón: «Unha vez teña efectos o acordo plenario, con respecto ao cambio de uso proposto, a parcela obxecto deste informe poderá aloxar nela usos de natureza social, administrativa, asistencial e cultural».
Contra estes acordos, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Tui, 22 de xaneiro de 2020
José Ramón Magán Rivera
Alcalde en funcións