María Loureiro García, en calidade de alcaldesa do Concello de Viveiro, solicita unha concesión administrativa para ocupación de dominio público portuario con destino á regularización da rede de colectores xerais de saneamento e substitución do emisario submarino no porto de Viveiro-Celeiro.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 22 de xaneiro de 2020
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte