Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2020 pola que se somete a información pública a modificación non substancial da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Canido.

A área de explotación e planificación portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborou a modificación non substancial da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de Canido (TM de Vigo, Pontevedra), en cumprimento do artigo 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas físicas ou xurídicas interesadas poidan examinalo e presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispoñendo para isto do prazo de vinte días que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona sur de Portos de Galicia, na rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º e 2º, 36002 Pontevedra, ou na sede electrónica correspondente. Así mesmo, o referido documento estará dispoñible nas ditas oficinas, onde se poderá examinar durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas, e tamén na páxina
web www.portosdegalicia.gal, na epígrafe de Instalacións portuarias/Planificación portuaria/Delimitación de espazos e usos portuarios/Delimitacións de espazos e usos portuarios en trámite.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia