Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 2020 Páx. 10963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o procedemento de expropiación forzosa polas obras do proxecto de construción fomento da mobilidade sustentable: senda na PO-225, treito Alba-San Caetano, puntos quilométricos 0+000-1+080, de clave PO/16/264.06, no concello de Pontevedra.

O artigo 52.2 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, establece que se notificará aos interesados afectados, segundo os artigos 3 e 4 desta lei, o día e a hora en que se levantará a acta previa á ocupación.

A notificación individual aos titulares dos predios que se sinalan no anexo e que resultan afectados pola expropiación polas obras do proxecto de construción fomento da mobilidade sustentable: senda na PO-225, treito Alba-San Caetano, puntos quilométricos 0+000-1+080, de clave PO/16/264.06, no concello de Pontevedra, non se puido realizar na forma prevista nos artigos 41 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para os efectos de dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse os titulares dos predios indicados no anexo ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados pola persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan, podéndose acompañar, ao seu cargo, de perito e notario.

Pontevedra, 31 de xaneiro de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Clave: PO/16/264.06.

Denominación: proxecto de construción fomento da mobilidade sustentable: senda na PO-225, treito Alba-San Caetano, puntos quilométricos 0+000-1+080, no concello de Pontevedra.

Convocatoria de levantamento de actas previas: Pazo da Cultura de Pontevedra. Seminario Nº 3, andar 1º.

Data: día 5 de marzo de 2020.

Número

parcela

Referencia
catastral

Titular

Data actas

Hora

3

36026A01200585

Castro Iglesias, Rogelio (herdeiros de)

5.3.2020

10.00

6

36900A17900577

Pérez Ucha, José

5.3.2020

10.15

9

36900A17900580

Fernández Casal, Sara

5.3.2020

10.45

10

36026A01200077

Viéitez Villaverde, Manuel

5.3.2020

10.45

11

36026A01400161

Viéitez Cochón, Valentín

5.3.2020

11.00

12

36900A17900535

Fernández Crespo, Esther (herdeiros de)

5.3.2020

11.00

14

36900A17900534

Fernández Casal, Lucía

5.3.2020

11.15

16

36900A17900533

Viéitez Cochón, Valentín

5.3.2020

11.00

17

36900A17900532

Tejedo González, Antonio

5.3.2020

11.30

18

36900A17900531

Barreiro Rodríguez, Dorinda

5.3.2020

11.30

19

36900A17900530

Viéitez Cochón, Valentín

5.3.2020

11.15

20

36900A17900529

Villaverde Touceda, Cándido

5.3.2020

11.45

28

36900A19000015

Freijo Díaz, José (herdeiros de)

5.3.2020

12.45

29

36900A17900515

Villaverde Villaverde, Josefa

5.3.2020

13.00

36

36900A19000047

Losada Varela, Concepción

5.3.2020

13.15

37

36900A19000046

Cochón Ramos, Juana

5.3.2020

13.30

38

36900A17900516

Villaverde Solla, José Benito

5.3.2020

13.15

40

36900A17900538

Otero Tejedor, Elena

5.3.2020

13.45