Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10509

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia

ANUNCIO de exposición do censo electoral.

Unha vez aprobado provisionalmente polo Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, en sesión que tivo lugar o 20 de xaneiro de 2020, o censo electoral correspondente á elección de cargos do 18 de abril de 2020, comprensivo dos colexiados que cumpren os requisitos do artigo 42 dos estatutos, en cumprimento do establecido no artigo 46, exponse ao público durante un prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do último anuncio inserido no DOG, para que os interesados presenten as reclamacións que se consideren oportunas a través do Rexistro Xeral da sede colexial.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2020

Andrea Pardo Rivera
Presidenta do Colexio de Hixienistas de Galicia