Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10507

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación da rectificación dos erros materiais detectados na ficha individual do documento da execución da sentenza 70/2018 contra o Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior da Coruña (expediente 631/2019/151).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 5 de decembro de 2019, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a rectificación dos erros materiais de feito detectados na ficha individual do documento aprobado polo Pleno municipal o 12 de setembro de 2019, denominado Execución da Sentenza número 70/2018, do 15 de febreiro, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contra o Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior da Coruña, no Cantón Pequeno, 27, no seguinte sentido:

1. Na epígrafe Ámbito BIC non debe aparecer marcada o recadro Área de respecto BIC Conxunto Histórico.

2. Na epígrafe Cualificación zonal incorpórase novamente a ordenanza 6 Área Urbana Renovada, sen marcar.

3. Na epígrafe Zonificación arqueolóxica, incorpórase novamente o recadro intervención arqueolóxica, que, ademais, ten que estar marcada.

4. Na epígrafe Actuacións particulares, o recadro PEG Planta engadida con galería debe estar marcada.

5. Na epígrafe Observacións, incorpórase novamente a seguinte mención Intervención arqueolóxica código non consta.

Segundo. Achegar o documento corrixido á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia.

O contido íntegro do documento aprobado pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo, no enderezo electrónico https.www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe «planeamiento/planeamiento vigente», ou ben, desde a mesma web, a través do «Visor estado desarrollo PGOM 2013».

O acordo da aprobación, polo Pleno municipal do 12 de setembro de 2019, da modificación na ficha de catálogo 8319302, rúa Cantón Pequeno, 27, do Plan especial de protección e reforma interior 2015 da Coruña, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 202, do 23 de outubro de 2019.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

A Coruña, 20 de decembro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo