Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Venres, 14 de febreiro de 2020 Páx. 10510

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia

ANUNCIO de convocatoria de eleccións.

ANUNCIO de convocatoria de eleccións.

En cumprimento do disposto no artigo 44.1 dos estatutos, faise público que o Pleno da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, en sesión que tivo lugar o 16 de xaneiro de 2020, acordou convocar eleccións a cargos dos órganos de goberno e fixar a xornada electoral o 18 de abril 2020, na sede colexial entre as 10.00 e as 18.00 horas. Queda aberto o prazo para a presentación das candidaturas.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2020

Andrea Pardo Rivera
Presidenta do Colexio de Hixienistas de Galicia