Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o procedemento de expropiación forzosa polas obras do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coiradas-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06, no concello de Marín.

O artigo 52.2 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, establece que se lles notificará aos interesados afectados, segundo os artigos 3 e 4 desta lei, o día e a hora en que se levantará a acta previa á ocupación.

A notificación individual aos titulares dos predios que se sinalan no anexo e que resultan afectados pola expropiación polas obras do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coiradas-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06, no concello de Marín, non se puideron realizar na forma prevista no artigo 41 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para os efectos de dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse os titulares dos predios indicados no anexo ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados pola persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan, e poderanse acompañar, ao seu cargo, de perito e notario.

Pontevedra, 28 de xaneiro de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Clave: PO/16/266.06.

Denominación: proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coiradas-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, no concello de Marín.

Convocatoria de levantamento de actas previas: casa do concello de Marín.

Data: 27 de febreiro de 2020.

Número

de parcela

Referencia
catastral

Titular

Data das actas

Hora

 4

36026A01200585

De la Torre Calvar, Manuel

27.2.2020

10.30

 6

36026A01200005

Acuña Dopazo, Adelina

27.2.2020

11.00

11

36026A01200030

Crespo Dopazo, Manuel

27.2.2020

12.00

14

36026A01200077

Rial Amoedo, Consuelo

27.2.2020

12.30

16

36026A01400161

Breasco González, Pablo

27.2.2020

13.00

18

36026A01400083

García, Josefa

27.2.2020

13.30

19

36026A01400082

Macenlle Rosales, Dolores

27.2.2020

13.45

19

36026A01400082

Rosales Crespo, Eugenia

27.2.2020

13.45