Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o anteproxecto das instalacións de subministración e servizos entre os puntos quilométricos 80+250 e 80+750 da AG-53, marxe esquerda (ME)-área de servizo, de clave OU/18/220.01.

Mediante a Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 22 de novembro de 2019 aprobouse provisionalmente o anteproxecto das instalacións de subministración e servizos entre os puntos quilométricos 80+250 e 80+750 da AG-53 (ME)-área de servizo, de clave OU/18/220.01.

O obxecto do presente anteproxecto é definir e valorar as instalacións e obras necesarias para a construción dunha área de servizo na marxe esquerda da autovía AG-53, entre os pp.qq. 80+250 e 80+750, que prestará servizo a ambos os sentidos de circulación, polo que os accesos a ela se producirán desde ambas as marxes, no termo municipal de Maside (provincia de Ourense), constituída por unha edificación para as zonas comerciais e un exterior con dispensadores de combustible, puntos de recarga de vehículos eléctricos e equipo de subministración de aire e auga; así como realizar un estudo do réxime de utilización e explotación das instalacións da área de servizo que permita establecer as condicións económicas e financeiras en que se realizará a concesión da construción e a explotación.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Someter o anteproxecto ao procedemento de información pública, de acordo co artigo 248 da Lei 9/2017, de contratos do sector público, durante un período dun mes, contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se poidan formular cantas observacións se consideren oportunas sobre a localización e as características da obra, así como calquera outra circunstancia referente á súa declaración de utilidade pública.

Segundo. Someter o anteproxecto ao procedemento de información pública, de acordo co artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se poidan formular cantas observacións se consideren oportunas sobre a concepción global do trazado.

Terceiro. A exposición ao público realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, 1, 32071 Ourense) e no Concello de Maside (praza Maior, 1, 32570 Maside, Ourense).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do anteproxecto.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas