Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Mércores, 12 de febreiro de 2020 Páx. 9855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da reurbanización da travesía de Outes, segunda fase, de clave AC/19/037.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia.

Antecedentes:

Mediante a Resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 1 de outubro de 2019 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción da reurbanización da travesía de Outes, 2ª fase, de clave AC/19/037.06.

O proxecto considerado ten como obxectivo fundamental definir as actuacións e obras necesarias para a mellora da travesía de Outes, correspondente á estrada AC-550. O treito afectado, entre os pp.qq. (puntos quilométricos) 64+400 e 65+020, pertence á denominada avenida de Fisterra, do núcleo de Serra de Outes.

Trátase dun treito urbano, de titularidade autonómica, cun deficiente estado do firme da calzada, que é pola súa vez a principal comunicación do concello con toda a costa galega e atravesa o termo municipal pola costa.

As actuacións que se recollen no proxecto e que repercuten nunha mellora da seguridade viaria son as seguintes:

– Demolición dun muro de pedra antigo na marxe dereita (pp.qq. 64+800-64+960) e ampliación da calzada, o que permitirá a continuidade da beirarrúa.

– Rehabilitación do firme da calzada e renovación de beirarrúas e servizos municipais.

– Reordenación de espazos e adaptación dos itinerarios peonís ás normas de accesibilidade vixentes.

– Reforzo da iluminación dos pasos de peóns e colocación de nova iluminación pública.

– Renovación da sinalización horizontal e vertical para adaptala á nova configuración do trazado.

– Melloras nas interseccións da AC-550 coas rúas adxacentes.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese á información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Outes (rúa da Vila, 1, 15230 Serra de Outes, A Coruña).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción da reurbanización da travesía de Outes, 2ª fase.

Clave AC/19/037.06.

Concello de Outes.

Núm. orde

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Titular

DNI

Superficie (m2)

Uso

Expropiación (m2)

Clasificación

1

7629001NH0472N0001UT

76290

1

Mª Herminia Molinos Caamaño

***466**

329

Agrario

14,44

Urbano

2

7530918NH0473S0001YU

75309

18

Antonio Campos Fernández (hrdos. de)

***618**

204

Agrario

19,30

Urbano

3

7530917NH0473S0001BU

75309

17

Claudino Vidal Pedrosa

***574**

200

Industrial

29,33

Urbano

4

7530916NH0473S0001AU

75309

16

Descoñecido

-----

228

Agrario

17,39

Urbano

5

7634202NH1402S0001AB

76342

2

Andrés Patricio Manuel del Río Fuentes

***887**

8866

Residencial

792,79

Urbano