Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SS 986/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 986/2016 por instancia de José Santos López contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a empresa Masa Galicia, S.A. e a empresa Lignitos de Meirama, S.A., sobre seguridade social, nos cales se ditou a Sentenza do 3 de xaneiro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por José Santos López contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, as empresas Masa Galicia, S.A. e Lignitos de Meirama, S.A., e en consecuencia:

Declárase o dereito do demandante, José Santos López, a percibir unha pensión de xubilación sobre unha base reguladora de 1.472,71 euros, con responsabilidade da empresa Masa Galicia, S.A. do 100 % respecto do incremento, con obrigación de anticipo do INSS en relación co indicado incremento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Lignitos de Meirama, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza