Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2020 Páx. 9499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 114/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 114/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Marius Ciupea contra Fogasa, José Ramón Collazo Yáñez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Visto o estado das actuacións, despois de fixarse unha nova sinalización do acto de xuízo para o día 28 de abril de 2020, ás 10.15 horas, na sala 1, planta baixa, edificio rúa Berlín, acordo citar as partes baixo os apercibimentos e cos requirimentos adquiridos durante a tramitación do procedemento, e o demandado por edictos. A notificación desta resolución é válida como citación en legal forma ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a José Ramón Collazo Yáñez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento, e que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza