Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9009

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Verín

EDICTO (257/2018).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento de familia garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 257/2018, seguido por instancia de Sandra Monras Fábregas, contra Vítor Manuel da Silva Martins, en situación de rebeldía procesual, sobre alimentos, garda e custodia de menores, nos que se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Na vila de Verín a dezaseis de outubro de dous mil dezanove.

Vistos por Purificación González López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Verín, os presentes autos sobre medidas definitivas paterno-filiais seguido neste xulgado por instancia de Sandra Monras Fábregas, representada polo procurador Sr. Álvarez Blanco, baixo a dirección letrada de Marta Arias Regueiro, e sendo demandado Vítor Manuel da Silva Martins, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal, sobre adopción de medidas definitivas paterno-filiais.

Acordo as seguintes medidas definitivas respecto as relacións paterno-filiais que incumben o menor...:

1. Atribúese o exercicio da patria potestade sobre o menor... a súa nai Sandra Monras Fábregas. Suspendese provisionalmente o exercicio da patria potestade do proxenitor Vitor Manuel da Silva Martins sobre o seu fillo menor... así como o réxime de visitas respecto a este.

2. A garda e custodia do menor... atribúese a súa nai Sandra.

3. O pai do menor..., Vítor Manuel da Silva Martins, deberá aboar como pensión de alimentos a favor do seu fillo a suma mensual de cento setenta e cinco euros (175 €), que deberá facer efectiva por meses anticipados dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta bancaria que a nai designe, que será actualizada o primeiro de xaneiro de cada ano segundo as variacións do índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística ou calquera outro organismo público que o substitúa. Así mesmo, o pai deberá pagar o 50 % de todos os gastos extraordinarios do menor para garantir a súa adecuada educación e saúde. As ditas cantidades serán aboadas desde a data de interposición desta demanda.

4. En canto a vivenda conxugal, o uso e desfrute do domicilio familiar atribúese ao menor e á súa nai, sendo vivenda en aluguer a que viñan usando durante a convivencia os proxenitores do menor, situada...

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditou a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Verín, 21 de xaneiro de 2020

O letrado da Administración de xustiza