Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9008

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón

EDICTO (PO 119/2018).

Xulgado: Primeira Instancia e Instrucción número 2 de Padrón.

Procedemento: ordinario 119/18.

Demandante: Caixabank, S.A.

Procurador: Ricardo García Piccoli Atanes.

Demandados: Manuel Cereijo Botana e Gloria Castiñeiras Dopazo.

Resolución: Sentenza número 40/19, do 21 de maio de 2019.

Impugnación: cabe formular recurso de apelación ante este xulgado. O recurso interpoñerase ante este xulgado dentro do prazo de 20 días contados desde o día seguinte á publicación deste edicto, expoñendo as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e con expresión dos pronunciamentos que impugna.

En atención ao descoñecemento do actual domicilio dos demandados Manuel Cereijo Botana e Gloria Castiñeiras Dopazo, de acordo co disposto no artigo 497.2 da LAC acordouse notificarlles a sentenza por medio deste edicto, e fáiselles saber que esta se encontra á súa disposición neste xulgado.

Este edicto cumpre coas condicións de publicación establecidas na instrución 6/12 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza.

Padrón, 17 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza