Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2019/0249-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De conformidade co disposto no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra esta resolución non caberá interpoñer ningunha acción ou recurso na vía administrativa, determinando a súa inadmisión inmediata no caso en que así se fixese.

Isto resulta sen prexuízo de que, non obstante a renuncia á formulación de recursos en vía administrativa, caiba interpoñer recurso perante os xulgados do social, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co disposto nos artigos 2.n) e 6.2.b) da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Para efectuar o ingreso deberá utilizar necesariamente o documento de ingreso da Consellería de Facenda que se achega xunto coa resolución e no número de conta e entidade bancaria e prazo que nel se indican.

Advírteselle que, transcorrido o devandito prazo, se devindicará inmediatamente a recarga de constrinximento e xuros de demora, e procederase ao cobramento e, se é o caso, execución polo procedemento administrativo de constrinximento nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro) e demáis disposicións xerais de aplicación.

Vigo, 23 de xaneiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: RL 2019/0249-4.

Acta: I362019000039960.

Empresa: Pablo Álvarez Tizón.

Enderezo: avda. Atlántida, 54, urb. Sotavento; Vigo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 15.1.b) e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, e artigos 8.1.b), 8.2 segundo parágrafo e 9.3 do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos traballadores en materia de contratos de duración determinada.

Preceptos sancionadores: artigos 7.2, 39 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 12.12.2019.

Resolución: multa de 500,80 €.