Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Luns, 10 de febreiro de 2020 Páx. 9032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o expediente sancionador por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia PO 04/2019.

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE 2.10.2015), as notificacións que non fose posible efectuar, faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, e que a súa publicación, no boletín oficial da comunidade autónoma, é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal do acto, que figura no anexo, a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo, o anuncio do expediente sancionador, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e constancia do mesmo. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 4 febreiro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

(Comercio)

Expediente

Acto

Concello

Dya Eventos y Ferias, S.L.

PO-04/2019

Resolución de expediente sancionador

Albacete