Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8586

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

EDICTO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais (expediente 3448/19).

O Pleno municipal, en sesión do 7 de novembro de 2019, adoptou o acordo relativo á aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello da Estrada (expediente 3448/19).

De acordo co establecido no artigo 49 da Lei reguladora das bases de réxime local, sométese a información pública e audiencia dos interesados polo prazo de vinte (20) días, durante o cal se poderán presentar reclamacións e suxestións que serán resoltas polo mesmo órgano municipal.

No caso de que durante o dito prazo non se presenten reclamacións ou suxestións, entenderase, conforme o dito artigo 49 da Lei reguladora das bases de réxime local (LRBRL), definitivamente aprobado o acordo inicial.

A Estrada, 20 de xaneiro de 2020

José Carlos López Campos
Alcalde