Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8587

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO das bases da convocatoria de dúas prazas de administrativo/a por promoción interna.

Resolución do 8 de xaneiro de 2020 referente á convocatoria para prover dúas prazas.

No Boletín Oficial da provincia núm. 8, do 14 de xaneiro de 2020, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria de dúas prazas de administrativo da Administración xeral pertencente ao grupo C, subgrupo C1, encadrado na escala de administración xeral, subescala administrativa, baixo a denominación administrativo/a, das ofertas de emprego do exercicio 2018 (BOP núm. 247, do 28 de decembro) e 2019 (núm. 77, do 24 de abril); unha praza do exercicio 2018 e unha praza do exercicio 2019 acumuladas na súa execución, cuxa forma de provisión é a promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde a publicación no BOE, tal e como recollen as bases do proceso.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Porto do Son, 17 de xaneiro de 2020

José Luis Oujo Pouso
Alcalde