Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8588

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO das bases da convocatoria dunha praza de oficial de policía local polo sistema de mobilidade.

No Boletín Oficial da provincia núm. 244, do 24 de decembro de 2019, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de oficial de policía local, polo sistema de mobilidade horizontal, entre funcionarios doutros corpos de policía local da Comunidade Autónoma de Galicia, pertencente ao grupo C, subgrupo C1, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, escala básica, categoría oficial de policía, da oferta de emprego do exercicio 2017 (BOP núm. 243, do 26 de decembro) cuxa forma de provisión é o concurso de méritos. Así mesmo, no BOP núm. 8, do 14 de xaneiro de 2020, publícase unha corrección de erros das ditas bases.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde a publicación no BOE, tal e como recollen as bases do proceso.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Porto do Son, 17 de xaneiro de 2020

José Luis Oujo Pouso
Alcalde