Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2020 Páx. 8179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019081AL-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 4 de decembro de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019081AL-LU incoado á persoa titular do DNI Y0711091Z.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, situada na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 21 de xaneiro de 2020

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Artigos 18.3 e 19.1.a) do Decreto 136/2019,
do 10 de outubro; DOG do 31 de outubro)
Jacobo Varela Suanzes-Carpegna
Xefe do Servizo de Xestión de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2019081AL-LU.

DNI da persoa interesada: Y0711091Z.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 276, 2º A, A Coruña.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de seguridade alimentaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: punto 7 do capítulo IV do anexo II do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE núm. 139, do 30 de abril).

Tipificación provisional: unha infracción leve.

Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200,00 €).