Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Xoves, 6 de febreiro de 2020 Páx. 8177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Logo de intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sitas na avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e que poderán interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 21 de xaneiro de 2020

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 27632.

DNI/NIE/PAS: RM0016075.

Último domicilio coñecido: r/ Ceibe, nº 9. 32004 Ourense.

Nº expediente: 28573.

DNI/NIE/PAS: FZ599222.

Último domicilio coñecido: r/ Florentino López Cuevillas, nº 8, 3º B. 32500 O Carballiño (Ourense).

Nº expediente: 30969.

DNI/NIE/PAS: 122115945.

Último domicilio coñecido: Grixó, nº 37. 32811 Ramirás (Ourense).