Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a determinación da consolidación pola edificación dun tramo da fachada marítima do paseo de Silgar de Sanxenxo, tramitado por instancia da Comunidade de Propietarios do Edificio Valle-Inclán (expediente U-203/16).

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o 20 de decembro de 2019, acordou prestar aprobación inicial ao estudo de detalle para a determinación da consolidación pola edificación dun tramo da fachada marítima do paseo de Silgar de Sanxenxo, tramitado por instancia da Comunidade de Propietarios do Edificio Valle-Inclán.

De conformidade co establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

Sanxenxo, 8 de xaneiro de 2020

Telmo Martín González
Alcalde presidente