Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7820

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2019.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos no terceiro cuadrimestre de 2019 por esta sociedade.

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da sociedade

Convenio de cooperación entre Sogama e a Deputación Provincial de Ourense para a realización da II Campaña de compostaxe provincial doméstica na provincia de Ourense para os anos 2019-2020 .

Regular as condicións de financiamento da «II Campaña de compostaxe provincial doméstica na provincia de Ourense», así como a xestión e coordinación da posta en marcha e funcionamento da dita campaña.

29 de outubro

de 2019

30.000 €, IVE incluído

Convenio de colaboración entre Sogama e a Fundación Universidade da Coruña para impartir un programa de formación práctica integrado no programa de formación empresarial FUAC.

Realización de prácticas na empresa durante un período determinado para cada programa formativo. O programa está dirixido a universitarios, a través do cal poderán acceder ao coñecemento práctico das técnicas e da metodoloxía de traballo da empresa actual como complemento da súa formación teórica.

14 de novembro de 2019

38.847,24 €/ano,

IVE incl. tres bolsas máximo

Cerceda, 15 de xaneiro de 2020

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.