No Boletín Oficial da provincia núm. 244, do 24 de decembro de 2019, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria da praza de funcionario/a de carreira, pertencente ao grupo A, subgrupo A2, encadrado na escala de Administración xeral, subescala de xestión, baixo a denominación técnico de xestión, da oferta de emprego público de 2017, publicada no BOP nº 243, o 26 de decembro de 2017, mediante o sistema de concurso-oposición.
O prazo para a presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde a publicación no BOE, tal e como recollen as bases do proceso.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Porto do Son, 3 de xaneiro de 2020
José Luis Oujo Pouso
Alcalde