Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7817

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Palas de Rei

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de delimitación de solo de núcleo rural dos Valos.

Unha vez aprobado inicialmente mediante o Acordo do Pleno, do día 27 de decembro de 2019, o proxecto de delimitación de solo de núcleo rural dos Valos, de acordo co artigo 78 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Palas de Rei, 16 de xaneiro de 2020

Pablo José Taboada Camoira
Alcalde