Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7766

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU) no terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución, tendo en conta que os convenios de adhesión á APLU entran en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANEXO

Obxecto do convenio

Importe económico

Data da sinatura

Entrada en vigor

Adhesión á APLU Concello de Beariz con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello de Beariz: dereito ao 10 % do produto de multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal en exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do Convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

8.11.2019

26.11.2019

Adhesión á APLU Concello de Boborás con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello de Boborás: dereito ao 10 % das multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano.

8.11.2019

26.11.2019

Adhesión á APLU Concello de Samos con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello de Samos: dereito ao 10 % das multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano

19.11.2019

30.11.2019

Adhesión á APLU Concello de Taboadela con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello de Taboadela: dereito ao 10 % das multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola APLU no termo municipal no exercicio de competencias propias e delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, co máximo de 30.000 €/ano

8.11.2019

26.11.2019