Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7768

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no terceiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado pola AXI (€)

Data de sinatura

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración asinado o 8.1.2019 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Carral para habilitar unha senda peonil e ciclista na N-550, entre Tabeaio e Carral.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

17.10.2019

Protocolo de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Cultura e Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela para a mellora e integración paisaxística das entradas dos camiños de Santiago en Santiago de Compostela.

Non ten achega económica

10.12.2019

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración asinado o 8.1.2019 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lousame para dotar de capa de rodada a vía de Porto Bravo a Tállara

Non ten achega económica

22.11.2019

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración asinado o 1.4.2019 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Coirós para a mellora de vías rurais en Espenuca e outros.

Non ten achega económica

19.11.2019

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración asinado o 16.1.2019 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilalba para a mellora da travesía da antiga LU-126.

Non ten achega económica

29.11.2019

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración asinado o 29.1.2019 entre a Consellería de Cultura e Turismo, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ourense para a execución das obras da segunda fase da posta en valor da Ponte Vella de Ourense.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

12.11.2019

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración asinado o 15.11.2018 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Xinzo de Limia para o acondicionamento da OU-531 (avenida de Celanova), a mellora de vías municipais e racionalización da rede viaria de titularidade autonómica.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

12.11.2019

Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración asinado o 10.1.2019 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Cerdedo-Cotobade para os traballos de redacción de proxecto e xestión de expedientes de expropiación do acondicionamento da estrada Cerdedo-Caroi.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

29.11.2019

Addenda nº 2 ao Convenio de colaboración asinado o 20.7.2018 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Mos para o financiamento e execución da construción dunha vía en Santa Eulalia, núcleo da Rúa.

Incrementa o total da achega da Axencia Galega de Infraestruturas en 97.928,72 €

10.10.2019

Addenda nº 3 ao Convenio de colaboración asinado o 20.7.2018 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Mos para o financiamento e execución da construción dunha vía en Santa Eulalia, núcleo da Rúa.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

29.11.19

Addenda nº 2 ao Convenio de colaboración asinado o 28.3.2018 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Marín para o acondicionamento da

PO-546 humanización da rúa Concepción Arenal entre a rotonda das Anclas e rúa Real de Cantodarea.

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

21.10.2019

Addenda nº 3 ao Convenio de colaboración asinado o 28.3.2019 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Marín para o acondicionamento da

PO-546 humanización da rúa Concepción Arenal entre a rotonda das Anclas e rúa Real de Cantodarea.

Non ten achega económica

19.11.2019

Addenda nº 2 ao Convenio de colaboración asinado o 22.3.2018 entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo para a urbanización da rúa Progreso (PO-308).

Non ten achega económica

26.11.2019