Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6581

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas de planeamento municipal para a delimitación do solo urbanizable CC1-2ª fase.

Unha vez aprobada inicialmente, en sesión plenaria do 26 de decembro de 2019, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a delimitación do solo urbanizable CC1-2ª fase, promovida polo Concello de Outeiro de Rei en virtude do convenio de planeamento asinado o 14 de decembro de 2017 coa asociación de propietarios promotores da modificación puntual para levar a cabo a dita modificación, en cumprimento do establecido no artigo 60 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e do artigo 144.6 do Decreto 143/2016 polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, exponse ao público polo prazo de dous meses, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá consultar o expediente completo nas oficinas municipais, das 10.00 ás 15.00 horas, e na páxina web do Concello www.concellodeouteiroderei.org e facer as alegacións que considere oportunas.

Outeiro de Rei, 9 de xaneiro de 2020

José Pardo Lombao
Alcalde presidente