Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira.

Con data do 30 de decembro de 2019, ditouse decreto da Alcaldía do seguinte teor literal:

«(…) Expediente nº: 7/2017

Resolución da Alcaldía de nomeamento como funcionarios de carreira.

Vista a documentación acreditativa das condicións de capacidade e requisitos exixidos na convocatoria presentada por aqueles que superaron as probas de selección, mediante o sistema de oposición libre, á seguinte praza:

Grupo

C

Subgrupo

C1

Escala

Básica

Subescala

Administración especial, servizos especiais

Clase

Policía local

Denominación

Policía local

Nº de vacantes

2

De conformidade co artigo 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local; co artigo 136 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; e co artigo 7 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, co artigo 35 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, e co artigo 62 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

RESOLVO:

Primeiro. Realizar o nomeamento como funcionarios de carreira a favor de:

Identidade dos aspirantes

DNI

Javier Gómez Martínez

***3369**

Sergio Criado López

***3648**

Segundo. Notificar a presente resolución aos aspirantes nomeados, comunicándolles que deberán tomar posesión no prazo dun mes contado desde o día seguinte a aquel en que se lles notifique o nomeamento.

Terceiro. Publicar o nomeamento no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica deste Concello de Xinzo de Limia.

Cuarto. Comunicar a toma de posesión no prazo dos 15 días seguintes ao Rexistro de Policías Locais de Galicia, para que proceda á oportuna inscrición na sección primeira do dito rexistro.

Quinto. Comunicar a presente resolución ao Departamento de Intervención, Tesouraría e Persoal, para os efectos oportunos.

Sexto. Dar conta do presente decreto ao Pleno municipal na seguinte sesión que este celebre. (...)».

O que se fai público para os efectos do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de potos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Xinzo de Limia, 7 de xaneiro de 2020

Elvira Lama Fernández
Alcaldesa