Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2020 Páx. 5916

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2020.

Antecedentes.

Primeiro. A finais do ano 2011, as confrarías de pescadores Santiago Apóstolo de Carril e Virxe do Carme de Rianxo presentaron os anexos I e II do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 129, do 6 de julio), e un plan de aproveitamento específico para a pesca da anguía na bacía do río Ulla para o ano 2012.

Segundo. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza ditou a Resolución do 20 de febreiro de 2012, pola que se aprobou o Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2012 (DOG núm. 45, do 5 de marzo).

Terceiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra aprobou as sucesivas renovacións anuais do plan mediante a Resolución do 8 de marzo de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril), a Resolución do 3 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), a Resolución do 3 de febreiro de 2015 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), a Resolución do 14 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 20, do 1 de febreiro), a Resolución do 12 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro) modificado pola Resolución do 9 de febreiro de 2017 (DOG núm. 38, do 23 de febreiro), a Resolución do 27 de decembro de 2017 modificado pola Resolución do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 60, do 26 de marzo) e a Resolución do 18 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 23, do 1 de febreiro).

Cuarto. O día 29.10.2019, a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Carril e, o día 22.11.2019, a Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Rianxo presentaron as solicitudes de renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2020. Xuntan coa solicitude a relación de embarcacións que solicitan participar no plan. A Confraría de Carril propuxo 11 embarcacións e 24 tripulantes e a Confraría de Rianxo 7 embarcacións e 13 tripulantes.

Quinto. O 23.12.2019, a Confraría de Carril solicitou cambios na lista de embarcacións presentada inicialmente.

Sexto. O día 14.1.2020, a Confraría de Carril solicitou novas modificacións na lista de participantes no plan.

Sétimo. Durante a tramitación do expediente de renovación, solicitouse o informe á Consellería do Mar, quen, a través do seu Servizo de Planificación da Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico, informou de xeito favorable a renovación do Plan de aproveitamento. Solicitouse ademais o informe da Área de Espazos Naturais Protexidos do Servizo de Patrimonio Natural por quedar a zona de actividade parcialmente dentro do Sistema Fluvial Ulla-Deza, informe que foi favorable, e solicitouse o informe do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A normativa de aplicación para a resolución deste procedemento vén determinada polo Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, así como pola Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG núm. 151, do 5 de agosto), e polo Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño).

Segundo. O artigo 9 do Decreto 130/2011 dispón que se poderán renovar os plans de aproveitamento específico de anguía por períodos dun ano, sempre que se cumpran as condicións e informes previstos nos puntos dous e tres do dito artigo.

Terceiro. O xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é competente para resolver o expediente, de conformidade co disposto no artigo 9 do Decreto 130/2011 e no Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 221, do 19 de novembro) modificado polo Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 239, do 16 de decembro).

Resolución.

Visto o exposto nos antecedentes e fundamentos de dereito, acórdase a aprobación da renovación do Plan específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2020 que figura como anexo a esta resolución.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes desde a súa publicación, segundo o recollido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2020

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla
para o ano 2020

1. Relación de embarcacións e tripulantes autorizados no plan.

a) Autorízase a faenar as embarcacións e os tripulantes, que se relacionan no anexo A deste plan. Deste xeito non se aumenta o esforzo pesqueiro adoptado no Plan de aproveitamento da anguía no río Ulla do ano anterior xa que o número de tripulantes non aumenta.

b) O número máximo de tripulantes por embarcación será de tres (3).

Unha vez incluída na resolución a listaxe de embarcacións e tripulantes, esta non se poderá modificar salvo por causas sobrevidas suficientemente xustificadas.

2. Período de pesca.

Desde o día seguinte á data de publicación no DOG da resolución que autoriza este plan, e non antes do 1 de febreiro, ata o 31 de outubro, período aplicable ás tres zonas de pesca A, B e C.

O número previsto de días de actividade está entre 20-23 días ao mes, cun máximo de 197 días por tempada.

3. Horario.

a) Con carácter xeral, os labores de pesca estarán comprendidos entre as 12.00 horas do luns ata as 12.00 horas do sábado.

b) As nasas deberán ser levantadas e revisadas diariamente e deberán baleirarse o máis rápido posible para evitar a morte das capturas accidentais.

c) Queda prohibido ter máis dunha cacea sen baleirar na cuberta da embarcación.

4. Arte.

a) A arte de pesca é a nasa-voitirón.

b) O tamaño da malla non será inferior a 14 mm, medida en diagonal e mollada.

c) As artes de pesca de cada cacea deberán estar unidas por unha corda e irán balizadas segundo a normativa vixente. Levarán en cada extremo unha boia de tamaño mínimo de 20 cm. Na de dimensións menores indicarase o folio da embarcación que opera con ela.

d) As caceas deberán situarse en dirección paralela á corrente, e non poderán cruzarse nin na canle nin no esteiro.

e) Programarase o tendido das artes, de xeito que sempre quede libre un largo do río suficiente para o normal movemento das especies piscícolas migradoras.

5. Número de aparellos ou artes de pesca por tripulante e xornada de pesca.

O número de artes de pesca que se empregará en cada unha das zonas descritas no número 6 deste anexo non poderá ser superior a dez (10) nasas-voitirón por tripulante, cun máximo de 80 por embarcación e por xornada de pesca. Non se poderá acumular o número asignado dunha zona á outra.

De conformidade co anterior, e con base no establecido no Plan de xestión da anguía en Galicia, ningunha embarcación poderá empregar máis de 80 nasas-voitirón ao día independentemente da zona de pesca (marítima ou fluvial).

6. Zonas de pesca e vedado.

a) As zonas de pesca autorizadas reflíctense no plano que se xunta a este plan, como anexo C.

1) Zona A (ou alta): tramo do río Ulla comprendido entre a ponte de Catoira, como límite superior e a liña recta imaxinaria que une punta Palleiro con punta Grandoiro, como límite inferior.

2) Zona B (ou media): tramo do río Ulla comprendido entre a liña recta imaxinaria que une punta Palleiro con punta Grandoiro, como límite superior e, como límite inferior, a liña imaxinaria que une praia Longa con punta Seveira.

3) Zona C (ou baixa): tramo do río Ulla comprendido entre a liña imaxinaria que une praia Longa con punta Seveira, como límite superior e, como límite inferior, a liña imaxinaria que une punta Seveira con punta Rebordexo e a súa continuación, bordeando a illa de Cortegada, ata o faro do dique de Carril, excluída a illa de Cortegada, como límite inferior.

b) Veda: a zona denominada O Cebal permanecerá vedada desde o 14 de xullo ata o 14 de setembro, ambos incluídos, para todo tipo de capturas con nasa-voitirón. Os límites xeográficos desta zona con veda temporal reflíctense no plano de zonificación que se xunta a este plan como anexo C e son os seguintes:

a. Liña imaxinaria que une o lugar de Bamio (San Xenxo ou rampla do cemiterio) con punta Corveiro na illa de Cortegada.

b. Liña de costa da illa de Cortegada que une punta Corveiro con punta do Vao.

c. Liña imaxinaria que une punta do Vao coa zona superior dos viveiros de Carril.

7. Especie e tamaño mínimo.

a) Só se autoriza a captura de anguía na fase do seu ciclo vital denominada «anguía amarela» e que alcance a dimensión mínima establecida de 20 cm. Evitarase a captura de anguías na fase denominada «anguía prateada» e todas as que se capturen deberán ser devoltas inmediatamente á auga.

c) Devolverase ao río calquera outra especie que entre nas nasas.

As nasas deberán baleirarse o máis rápido posible para evitar a morte das capturas accidentais.

8. Cotas de captura por tempada.

Mantense a cota total autorizada na derradeira tempada, fixada nun máximo de 5.176 quilos para o total das embarcacións.

9. Rexistro das capturas e remisión de datos.

a) Con periodicidade mensual, as confrarías deberán remitir os datos de extracción por especie e por día traballado utilizando como modelo o que se acompaña como anexo B, ao Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra, por correo electrónico ao enderezo
caza.pesca.po@xunta.gal, xunto cos xustificantes de venda en lonxa.

b) Deberá indicarse no anexo B a procedencia das anguías capturadas, desagregando as capturas realizadas na zona marítima (M) dentro do Plan de pesca de anguía da Consellería do Mar, das capturas obtidas na zona fluvial (F), reguladas polo Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

A non inclusión de datos dalgunha das embarcacións no período estipulado terá como consecuencia a súa baixa do plan.

10. Mostraxes.

Durante o período de vixencia do plan, o persoal das consellerías competentes en materia de pesca marítima e/ou fluvial poderá realizar, en calquera das embarcacións autorizadas, mostraxes para o control, seguimento e avaliación do plan. Os armadores deben colaborar de xeito que se permita acadar os obxectivos propostos. A falta de colaboración neste eido ocasionará a baixa definitiva no plan.

11. Extracción e comercialización das capturas e o seu control.

a) A comercialización farase exclusivamente na lonxa, tendo a obriga de entregar nela a totalidade das súas capturas.

b) Mensualmente os participantes do plan teñen a obrigación de remitir ao Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra os xustificantes de venda en lonxa acompañando aos datos de capturas sinalados no número 9.a) deste plan.

Esta resolución queda condicionada ao estrito cumprimento da normativa vixente en materia de extracción e comercialización de produtos da pesca fresca, en particular ao regulado na Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se regula a comercialización en orixe de especies eurihalinas de interese comercial (DOG núm. 69, do 9 de abril).

12. Documentación acreditativa.

Antes de iniciar a actividade pesqueira, dentro do período autorizado no plan, cada unha das confrarías deberá entregar a documentación orixinal (ou copia cotexada) correspondente a cada unha das embarcacións autorizadas.

13. Infraccións e sancións.

O incumprimento das condicións establecidas neste plan poderá ser sancionado segundo o establecido na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

14. Renovación do plan.

Dentro dos tres meses anteriores á finalización do plan de aproveitamento, poderase solicitar a súa renovación por un período dun ano.

Xunto coa solicitude de renovación do plan presentarán a listaxe de embarcacións e de tripulantes por embarcación. O máximo de tripulantes por embarcación será de tres (3).

A renovación procederá sempre que non se aumente o esforzo pesqueiro, que non se modifiquen as zonas de pesca e que os informes técnicos que solicite o Servizo de Patrimonio Natural non aconsellen a modificación do plan vixente.

O expediente de renovación requirirá o informe da Consellería do Mar para as zonas de desembocadura e, de ser o caso, os informes dos departamentos da Xunta con competencias en materia de espazos naturais protexidos.

O incumprimento dalgunha das condicións establecidas na resolución de autorización ou a falta de actividade non xustificada dará lugar á perda da autorización da embarcación, así como a imposibilidade de participar na seguinte renovación do plan.

ANEXO A

Relación de embarcacións e tripulantes autorizados no Plan de aproveitamento
da anguía no río Ulla para o ano 2020

– Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Carril.

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

Ángeles

VILL-3ª-10.128

José Manuel Pesado Romay

Juan Gabino Campos Taibo

Tatiana Pesado Batalla

Auxiliar Pesado

VILL-3ª-8.707

Roberto Barreiro Pesado

Gerardo Barreiro Pesado

Camba

VILL-3ª-9.952

Hugo Soto Bemposta

Ricargo Jueguen Martínez

Eu

VILL-3ª-10.223

Ramón Barreiro Blanco

María Manuela Outeiral Fandiño

Juan Francisco García Cameán

Gima

VILL-3ª-4.092

José Barreiro Blanco

Carmelo Campos Taibo

María del Carmen

VILL-3ª-2.652

Alfonso Barreiro Ferreirós

Porto

VILL-3ª-10.131

Rafael Ozores Grande

Begoña Barreiro Ferreirós

Tami Uno

VILL-3ª-3-2-08

José Ángel Pesado Taibo

Alejandro Pesado Taibo

Tilocha

VILL-3ª-9.440

Antonio Pesado Romay

Marcos Pesado Portas

Iván Pesado Portas

Vicenta

VILL-3ª-10.156

Miguel Barreiro Blanco

Miguel Ángel Campos Taibo

Xurxo

VILL-3ª-8-91

José Manuel Diz Álvarez

María Begoña Gerpe Jamardo

Total: 11 embarcacións, 24 tripulantes.

– Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Rianxo.

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

Conde I

3ª VILL-3-9902

José Ángel Somoza Eiras

Serafín Rubio Collazo

Curota

3ª VILL-3-4-02

Manuel Vidal Galbán

Eloy Vidal Galbán

Espada

3ª VILL-3-9473

Jorge Rubio Collazo

Javier Collazo Moares

Paraná

3ª VILL-3-12-96

José Luis Silva Conde

Peruco

3ª VILL-3-9-98

Juan Bautista Vicente Romero

Juan Vicente Patiño

Somos Dos

3ª VILL-3-9651

Manuel Cespón Fungueiriño

Xoana

3ª VILL-3-13-92

Juan Diego Tembra Domínguez

Cristina Ces Ordóñez

Manuel Tembra Vilanova

Total: 7 embarcacións, 13 tripulantes.

ANEXO B

Plan de aproveitamento da anguía na desembocadura do río Ulla (ano 2020)

Declaración diaria de capturas por embarcación

Nome da embarcación .......................................................... Mes............................

Nº CFPO ................................................

Matrícula e folio ......................................

Día

Número tripulantes

Número de nasas empregadas

Zona de extracción (1)

Kg

(1) Indicarase a procedencia das capturas:

– M, para as capturadas na zona marítima

– F, para as capturadas na zona fluvial

O armador da embarcación

Asinado:

ANEXO C

Plano de zonificación

missing image file

Zona A

(alta)

Ponte de Catoira

Río Ulla – anguía nasa-voitirón 2020

Liña punta Palleiro-punta Grandoiro

Zona B

(media)

Vedado

O Cebal

Rampla do cemiterio de Bamio

– Punta Corveiro - liña de costa

– Punta do Vao - zona superior dos viveiros de Carril

Liña punta Seveira-praia Longa

Zona C

(baixa)

Liña punta Seveira-punta Rebordexo e, bordeando a illa de Cortegada, que queda excluída, ata o faro do dique de Carril

IGN25 - cuadrícula 1 km