Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2020 Páx. 5885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións para situar unha residencia da terceira idade no lugar da Chan (Carballedo).

Por unanimidade dos membros do Pleno do Concello, en sesión extraordinaria do 19 de decembro de 2019, adoptouse o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións para situar unha residencia da terceira idade no lugar da Chan (Carballedo), nos termos do expediente tramitado e da documentación técnica redactada.

2. Publicar este acordo de aprobación definitiva no DOG; o contido do plan quedará á disposición do público na páxina web do Concello http://www.cerdedo-cotobade.gal/.

3. Dar traslado á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa inclusión no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Publicar a normativa e as ordenanzas no BOP de Pontevedra.

4. Notificarlles individualmente a aprobación definitiva do plan especial aos titulares catastrais dos terreos afectados, aos cales xa se lles notificou a aprobación inicial.

Contra o acordo de aprobación definitiva, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que se aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.

Cerdedo-Cotobade, 9 de xaneiro de 2020

Jorge Cubela López
Alcalde