No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o procedemento abreviado número 344/2019 interposto por Ángela Lucía Capelo Docamiño e Reyes Fernández González contra a desestimación de recurso de reposición contra a Resolución reitoral do 28 de xuño de 2019 de convocatoria de proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de orientación e promoción do emprego e emprendemento, polo sistema de acceso libre, na Universidade de Vigo.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 14 de xaneiro de 2020
Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo