Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5481

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 507/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 507/2017 por instancia de Francisco Javier Coronado Santiago contra Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., sobre ordinario, nos cales se ditou sentenza o 18 de decembro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Francisco Javier Coronado Santiago fronte á empresa Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. a aboar a Francisco Javier Coronado Santiago a cantidade de dous mil cincocentos setenta e dous euros con vinte e seis céntimos de euro (2.572,26 euros) devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Grupo Castro Soluciones Integrales, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza