Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (SS 534/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 534/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Edrosa Liste contra Grupo Lindega Asociados, S.L. e Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, se ditou a Resolución do 27 de decembro de 2019 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Lindega Asociados, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza