Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5483

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 475/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 475/2017 por instancia de Sonia Padín Remuiñán contra Deus Creaciones, S.L. e outros, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza o 18 de decembro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Sonia Padín Remuiñán fronte a Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., así como as administracións concursais de Gaviota Textil, XXI, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese a Área Inversora y Financiera do Atlántico XXI, S.L. e Gaviota Textil XXI, S.L., das pretensións fronte a el exercidas.

– Condénase a empresa a Shivshi, S.L. aboar á demandante a cantidade de catro mil oitocentos corenta euros con noventa e tres céntimos de euro (4.840,93), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %. Das devanditas cantidades responderán solidariamente as empresas Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., vinculando as administracións concursais de Confección Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Shivshi, S.L.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Deus Creaciones S.L. e outros, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza