Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (650/2014).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 650/2014 por instancia de Carla Andrea Parafita Martuchelli, Lucas Andrés Lavandeira Parafita, Mateo Gabriel Lavandeira Parafita contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a empresa Vipecor Galicia, S.L. e a empresa Projenor do Brasil Limitada, sobre pensión de orfandade, en que se ditou decreto o 8.1.2020 que, copiado nos particulares, necesarios di así:

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Rosana Corral García.

Na Coruña o oito de xaneiro de dous mil vinte.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Carla Andrea Parafita Martuchelli, Lucas Andrés Lavandeira Parafita, Mateo Gabriel Lavandeira Parafita presentaron demanda fronte a Vipecon Galicia, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua Colaboradora con la S.S. nº 201, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Projenor do Brasil Limitada e o Instituto Nacional da Seguridade Social, e incoouse o procedemento seguridade social 650/2014.

Segundo. A parte demandante presentou escrito do 9.12.2019 desistindo da súa demanda fronte á Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Vipecon Galcia, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e Projenor do Brasil Limitada. Continúa a demanda fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social.

Fundamento de dereito:

Único. Declarada pola demandante a súa vontade de abandonar o proceso iniciado por ela fronte á Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Vipecon Galicia, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e Rojenor do Brasil Limitada e sen citárense a xuízo os demandados, procede ter a demandante por desistida da súa demanda fronte aos anteriores demandados (artigo 20.2 da LAC), seguindo a demanda fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, que se cita para xuízo.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo ter por desistida a Carla Andrea Parafita Martuchelli da súa demanda fronte á Mutua Gallega, Vipecon Galicia, S.L., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Projenor do Brasil Limitada. E segue a demanda fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Projenor do Brasil Limitada expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza