Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5025

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2020, do Servizo de Informes e Recursos, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-00068-O-2019 e tres máis.

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador LU-00068-O-2019 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, as persoas interesadas deberán aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2020

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00068-O-2019

5605-GYZ

X6593157T

A utilización do tacógrafo dixital carecendo dos precintos ou placas preceptivos ou dalgún dos datos obrigatorios.

17.12.2018; 12.25.00; AG-64; 55,9

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-00528-S-2019

H-4661-X

76815147T

Transportar mercadorías perigosas sen levar a bordo do vehículo unha carta de porte (ou calquera outra documentación exixible) que cubra todas as mercadorías transportadas, levala sen consignar cales son estas ou levala ilexible.

27.6.2018; 00.05.00; Avda. Santa Mariña, 59

Art. 140.15.8 LOTT

Art. 143.1 LOTT

4.001 euros

PO-00593-O-2019

7061-CDH

76894543T

A utilización do tacógrafo sen ter realizado a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

11.8.2018; 8.10.00; AP-9; 110,059

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-00910-O-2019

4590-JHG

49848770-L

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 28 %.

17.9.2018; 10.38.00; AG-41; 0,4

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.600 euros