Intentada a notificación da comunicación do inicio do procedemento sancionador ditada polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, pola que se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia queda condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, fáiselle saber que, segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispón de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) para formular por escrito as alegacións que xulgue oportunas, documentalmente acreditadas ante a oficina de emprego de Verín, sita na avenida de Castela, 30-baixo, de Verín, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como para os efectos de coñecer integramente o contido da comunicación de inicio ditada polo xefe territorial.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao interesado que, se transcorrido o dito prazo non achega alegación en tempo e forma, se ditará a correspondente resolución por parte da xefatura territorial de Ourense, que dispón dun prazo de seis meses desde a data deste acordo para notificarlle a resolución pertinente.
Ourense, 2 de decembro de 2019
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: X9897781F/25/11/2019/2.1.A.
Persoa interesada: X9897781F.
Concello: Verín.
Precepto infrinxido: non comparecer por requirimento do SPEG.
Contido da comunicación: comunicación, por parte da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do inicio do correspondente procedemento sancionador, coa proposta da perda dun mes ao dereito á prestación ou subsidio recoñecido.