Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio notifícaselles por comparecencia ás persoas sinaladas no cadro anexo a tramitación dunha solicitude de desistencia dun procedemento expropiatorio que formulou a entidade beneficiaria Ferroatlántica, S.A.U.
A comparecencia deberase realizar no prazo de dez días, contados desde a publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Sección de Expropiacións), sita na rúa Vicente Ferrer, 22-2º (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a vernes.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto desta publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 3 de xaneiro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2014/196-1.
Entidade beneficiaria: Ferroatlántica, S.A.U.
Denominación da instalación: LAT DC 220kV Dumbría-Regoelle.
Concello: Dumbría.
Predios |
Titularidade |
25, 32, 43, 97 e 207 |
María Quintáns |
33 |
María Estrella Grille Díaz |
117 e 128 |
Félix García Castiñeira |
122 |
Jesús Beltrán Lado |
184 |
Benito Regueira Fernández e outra |
190 |
Carmen Pérez Liñares |