Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 17 de outubro de 2019, de conversión gráfica dos datos alfanuméricos dos predios, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de San Millao (Cualedro-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, 32003 Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro da resolución que se notifica.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural.

Ourense, 16 de decembro de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesados:

DNI

Acto que se notifica

42.835.036-C

Resolución

34.724.763-F

Resolución

34.726.207-W

Resolución

34.592.016-Q

Resolución

34.944.309-H

Resolución

14.848.770-Q

Resolución

34.725.010-R

Resolución

46.319.778-D

Resolución