Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 23 de abril de 2018, ditada pola xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro da resolución que se notifica.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural.

Ourense, 11 de decembro de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada

Acto que se notifica

Julia Pérez Vázquez

Resolución