Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2408

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente 1325/2019).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa da parcela 1155 do polígono 39 (ref. cat. 36036A039011550000QF), sita no lugar de Campeira, na parroquia de Santa María de Oia (Oia), e ao resultar descoñecido o enderezo do titular da parcela referida, que no Catastro aparece a nome de Finca Los Rosales, S.L., en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte os incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesada

Referencia catastral

1325/2019

(urb. 43/2019)

Finca Los Rosales, S.L.,

notificación infrutuosa, enderezo postal descoñecido

36036A039011550000QF

Parcela 1155 do polígono 39

Campeira, Santa María de Oia (Oia)

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 26 de decembro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa