Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (expediente 1380/2019).

Unha vez ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 15 do Serrallo, Viladesuso (Oia), e ao resultar descoñecido o enderezo do titular das parcelas 43 e 73 (ref. catastral 36036A015000430000QX e 36036A015000730000QR, respectivamente, que aparecen a nome de Carmen Salinas Gonzáles, no Catastro, en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencias de expediente e referencia catastral da parcela afectada, co fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte aos incendios forestais. En caso de incumprimento das ordes ditadas contra os responsables, advírtese de execución subsidiaria por conta do interesado, conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesada

Referencia catastral

1380/2019

(urb. 47/2019)

Carmen Salinas González; notificación infrutuosa, enderezo postal descoñecido

36036A015000430000QX

Parcela 43 do polígono 15

O Serrallo, Viladesuso

1380/2019

(urb. 47/2019)

Carmen Salinas González; notificación infrutuosa, enderezo postal descoñecido

36036A015000730000QR

Parcela 73 do polígono 15

O Serrallo, Viladesuso

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 26 de decembro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa